|
:: Polideportivo
|
||
| 73 Noticias en la categoria. | ||
| << Paginas 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 >> | ||
| UXÍO ABUÍN, CAMPIÓN DO MUNDO JUNIOR DE DUATLÓN E ÓSCAR VICENTE, BRONCE SUB 23 | |
| Set. 7.- Uxío Abuín (T. Remeco Muralla de Lugo) proclamouse campión do Mundo de Duatlón junior, mentres que Óscar Vicente (Cidade de Lugo Fluvial) logrou a medalla de bronce na categoría sub 23. | |
| Jesús Gomar e Aída Valiño gañan o XXII Triatlón do Miño | |
| Set. 7.- Jesús Gomar (Cidade de Lugo Fluvial) e Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) foron os gañadores do XXII Triatlón do Miño, que se disputou en Lugo. A nivel de clubs, o Cidade de Lugo Fluvial impúxose tanto na categoría masculina como feminina. | |
| ESTE DOMINGO EN LUGO, O XXII TRIATLÓN DO MIÑO | |
| Set. 3.- Este domingo celebrarase a XXII edición do Triatlón do Miño en Lugo, proba na que están inscritos 200 participantes e que é a cuarta proba do circuito galego da disciplina. Comezará ás 10, cunha carreira de promoción con distancias asequíbels (300 metros en natación, 1 quilómetros en ciclismo e 2,5 quilómetros en carreira a pe). | |
| DUATLÓN: Uxío Abuín e Óscar Vicente no Mundial de Edimburgo | |
| Set. 3.- Uxío Abuín (T. Remeco Muralla de Lugo) e Óscar Vicente (Cidade de Lugo Fluvial) participarán no Mundial de Duatlón que ten lugar en Edimburgo. Vicente participa na categoría sub 23 como actual subcampión de Europa título que conseguiu o 1 de maio en Nancy (Francia), onde quedou tamén en cuarta posición na clasificación de elite. | |